Noticias y actualidad

Proyecto:

Publicada el: 15/08/2023

PROXECTO: OS FONDOS DOS PARQUES, ESES GRANDES DESCOÑECIDOS
Dende Náutica Medusa queremos levar acabo un proxecto que facilite que
os visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia teñan a
oportunidade de coñecer unha parte dese 70% da superficie dos Parques tan
descoñecida ata agora, a zona marítima-subacuática do Parque.
Con este proxecto queremos, mediante diferentes actividades, que esta
parte do Parque que non se ve nas rutas que actualmente mais se ofertan, as
terrestres, pase a ser mais coñecida, e polo tanto mais demandada polos
visitantes. O coñecemento dos fondos dos Parques por mais persoas
axudará a darlle un empuxe ao turismo subacuático na nosa zona, xa moi
demandado en outras zonas de reservas mariña nacionais. Estas actividades
teñen unha parte educativa coa identificación de especies e outra parte
conservacionista sensibilizando aos participantes da importancia de coidar
os nosos mares e dos problemas actuales coas basuras mariñas.
Coas nosas actividades queremos dar a coñecer esos grandes descoñecidos
dos nosos Parques como son os seus fondos mariños. Unha gran extensión
de diferentes ecosistemas, paredes de pedras, restos de pecios e bosques de
grandes laminarias donde habitan unha das maiores variedades de especies
mariñas da costa galega.
Estas actividades veñen a desestacionalizar o turismo e polo tanto as visitas
a Illa de Sálvora e Cortegada xa que estas actividades que imos a realizar
poden levarse acabo durante todo o ano, tal e como levamos facendo nestes
últimos 15 anos. Despois de tantos anos realizando este tipo de actividades
por parte da nosa empresa por toda a Ría de Arousa incluidos os Parques de
Sálvora e Cortegada, vemos que as persoas que demandan este tipo de
actividades de aventura non so as queren facer nos meses de verán se non
que cada vez solicitan que sexan realizadas ao longo de todo o ano.

Envios en 24/48 horas Portes gratis a partir de 200 €